domingo, julio 6, 2025
InicioNewsActualidadeArbo acometerá melloras nos sendeiros do río Miño e do Deva

Arbo acometerá melloras nos sendeiros do río Miño e do Deva

O Concello de Arbo vén de adxudicar as obras de acondicionamento e melloras nos sendeiros de titularidade municipal. Así, coa intención de mellorar os sendeiros que percorren a beira do río Miño e do Deva, ao seu paso por Arbo, así como mellorar a seguridade dos usuarios dos sendeiros, o goberno local solicitou unha achega á Dirección Xeral de Patrimonio Natural.

Tras a petición, esta administración autonómica resolveu conceder ao Concello de Arbo unha achega por importe de 21,365,45€ para a mellora dos sendeiros dentro do espazo de Rede Natura.

A través destas subvencións, o Concello de Arbo realizará varias actuacións de mellora na accesibilidade e a seguridade dos sendeiros que percorren o espazo Rede Natura Baixo Miño.

En concreto, as actuacións consistirán na construción de varandas no Sendeiro do Deva, a creación dun acceso ao Sendeiro de Pescadores do río Miño na contorna do campo de fútbol e a modificación do trazado no Sendeiro da Moura, ocasionado por un derrube.

Con todo, o importe total das actuacións ascende á cantidade de 25.852,19€, dos que 21,365,45€ serán financiados pola Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia.

Así, as obras de acondicionamento xa foron adxudicadas e teñen un prazo de realización de tres meses.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS