miércoles, mayo 21, 2025
InicioNewsActualidadeA parroquia de Lourido, en Salvaterra de Miño, acollerá este sábado a...

A parroquia de Lourido, en Salvaterra de Miño, acollerá este sábado a súa III Concentración de Coches Clásicos

A Asociación Clásicos de Lourido organiza esta fin de semana a III Concentración de Coches Clásicos, tras o «gran éxito» acadado na edición pasada.

O vindeiro sábado 24 de maio a esplanada da parroquia de Lourido, en Salvaterra de Miño, acollerá a concentración destes vehículos dende as 12:00h. De seguido, terá lugar unha churrascada na que participarán máis de 200 persoas.

Ao remate do xantar, en torno ás 16:30h terá lugar a presentación da restauración dun Renault Alpine A-110 fabricado no ano 1972. Tras a presentación, dará comezo unha ruta pola zona cun percorrido de 30 quilómetros.

Como punto final á xornada, haberá xogos tradicionais relacionados co mundo do motor, servizo de barra e bocadillos así como sorteo de agasallos. Ademais, ás 20:00h haberá música en directo a cargo do grupo ‘El echizo de Nora’.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS