miércoles, mayo 21, 2025
InicioNewsActualidadeDúas alumnas do Colegio Lar chegan á final do XXXIV Concurso de...

Dúas alumnas do Colegio Lar chegan á final do XXXIV Concurso de Patrimonio Nacional de Pintura

Dúas alumnas do Colegio Lar veñen de ser seleccionadas para a final do XXXIV Concurso de Patrimonio Nacional de Pintura Infantil y Juvenil, un certame a nivel nacional cuxo obxectivo é fomentar a apreciación e promoción dos Reales Sitios a través da expresión artística.

Así, Lola Fernández Martín de 6º de Educación Primaria e Paula Rodríguez Rey, de 1º da ESO, foron elexidas para representar ao centro como finalistas do concurso nas categorías A e B respectivamente.

O tema desta 34ª edición do concurso, denominado ‘Patrimonio Nacional aberto á cidadanía‘ busca fomentar a reflexión sobre a función esencial que estes espazos desenvolven na vida cotidiá e cultural contemporánea a través da expresión artística. Con todo, o alumnado participante debía representar a través dun debuxo un dos Reales Sitios ou espazos naturais que indicaba a propia organización.

A ceremonia de entrega de premios, onde acudirán as alumnas clasificadas como finalistas, terá lugar durante o vindeiro mes de xuño de 2025.

Dende a dirección do centro, aseguran que «este logro é o recoñecemento ao esforzo, a dedicación e a pasión que demostraron na aula» ao tempo que aseguran «queremos dar a noraboa ao resto de alumnas que participaron con entusiasmo e ilusión no concurso».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS