martes, mayo 6, 2025
InicioNewsActualidadeMarcha Ciclista para celebrar o día das Letras Galegas en Salvaterra de...

Marcha Ciclista para celebrar o día das Letras Galegas en Salvaterra de Miño

Salvaterra de Miño acollerá, un ano máis, a Marcha Ciclista das Letras Galegas o vindeiro 17 de maio. O pelotón sairá da Praza do Concello ás 10:00h e percorrerá distintas parroquias, cunha parada de avituallamento no Espazo Lúdico Termal de Teáns – Oleiros.

A chegada final será tamén na Praza do Concello, onde haberá sorteos por cortesía dos patrocinadores do evento compostos por diversas empresas locais que colaboran desinteresadamente nunha data sinalada para os veciños e veciñas da vila.

Ademais, dende o Concello aseguran que «queren facer deste día un evento solidario» polo que solicitan que cada participante aporte coa inscrición un alimento non perecedoiro ou de hixiene persoal para o banco de alimentos municipal.

Inscricións

As inscricións poden realizarse a través da seguinte páxina web ata o 16 de maio ou o propio día na Praza do Concello.

Recollida de dorsais

A recollida de dorsais será na Biblioteca Municipal ata o 16 de maio en horario de luns a vernes de 10:0h a 12:00h e de 16:00h a 20:00h. Os sábados tamén se poderán recoller os dorsais en horario de 10:00h a 14:00h.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS