lunes, junio 30, 2025
InicioNewsComarcasPonteareas licita as obras para converter en mercado a nave de Aceros...

Ponteareas licita as obras para converter en mercado a nave de Aceros del Tea

O Concello de Ponteareas licita o proxecto de rehabilitación da nave de Aceros del Tea para convertela na nova praza de abastos. O orzamento base de licitación é de 799.999,99€ e as empresas interesadas poderán presentar as súas propostas ata o 21 de abril ás 23:59 horas, sendo a apertura de sobres o 22 de abril ás 14:00 horas.

O deseño interior da nova Praza de Abastos de Ponteareas na Nave Aceros do Tea responde á necesidade de modernizar e potenciar o mercado municipal, dotándoo de mellores condicións de accesibilidade, funcionalidade e atractivo comercial. A actual praza de abastos presenta diversas carencias estruturais e organizativas que dificultan a súa eficiencia como espazo de venda e encontro cidadá. 

Integración do mercado coa contorna

Entre os principais obxectivos desta intervención atópanse a optimización do espazo dispoñible, a mellora da distribución dos postos comerciais para garantir a súa visibilidade e accesibilidade, así como a integración do mercado coa contorna urbana mediante a apertura da fachada posterior. Ademais, a rehabilitación permitirá crear unha praza máis sostible e eficiente enerxeticamente, reducindo o seu impacto ambiental e facilitando a súa adaptación aos novos hábitos de consumo, segundo explican desde o Concello.

Para poder financiar esta obra, o Concello de Ponteareas asinou un convenio de colaboración coa Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia na que comprometen unha achega económica de 800.000,00 € (IVE incluído) destinada á execución destas obras. 

A administración local indica que «a nova praza de abastos será un espazo versátil, aberto ao espazo exterior e será exemplo da estratexia do goberno de reconstruír e transformar espazos esquecidos e degradados en zonas amables, útiles e renovadas que prestarán unha función económica, social e cultural ademais de embelecer a vila».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS