domingo, mayo 25, 2025
InicioNewsActualidadeTransportes anuncia afectacións ao tráfico na A-6 pola reparación dos viaductos sobre...

Transportes anuncia afectacións ao tráfico na A-6 pola reparación dos viaductos sobre o ferrocaril en Lugo

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible está a executar as obras de reparación dos viadutos sobre a liña de ferrocarril Palencia-A Coruña situados no quilómetro 486,8 da autovía A-6, na cidade de Lugo.

Por iso, e para garantir a seguridade dos traballadores e usuarios, a partir das 9:00 horas do próximo martes 8 de abril producirase o corte total do tráfico na calzada dereita da A-6 en sentido A Coruña, entre os quilómetros 486,2 e 487,1. Unha vez que rematen os traballos nesta calzada, cortarase a esquerda en sentido Madrid, no mesmo tramo.

Para asegurar a fluidez do tráfico durante estas afectacións habilitarase un transbordo entre pasos de mediana que permita ao tráfico pasar a circular pola calzada libre, que operará en modo bidireccional cun carril habilitado por sentido de circulación.

Cando rematan?

As afectacións durarán previsiblemente ata finais de xuño, se as condicións meteorolóxicas o permiten.

Características dos traballos

Durante estas afectacións levaranse a cabo os traballos de reparación das estruturas sobre a vía do ferrocarril.

A obra na súa totalidade conta cun orzamento de 500.256,80 euros (IVA incluído) e ten como obxecto traballos urxentes de conservación que consistirán na renovación dos elementos de apoio das pilas e na execución de traballos de impermeabilización das plataformas dos taboleiros coa fin de mellorar as características de durabilidade das estruturas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS