domingo, mayo 25, 2025
InicioNewsComarcasUnha andaina percorre a pegada romana de Salvaterra de Miño

Unha andaina percorre a pegada romana de Salvaterra de Miño

Terra Grovii e o Concello de Salvaterra de Miño organizan unha nova andaina que discorre pola parroquia de Soutolobre. Trátase dunha actividade que percorrerá a paisaxe marcada pola pegada romana, que, aínda, «que non sexa visible a simple vista, agocha segredos que cos guías poderemos coñecer a fondo», segundo indican desde a organización.

Sete quilómetros

Cunha distancia de, aproximadamente, 7 quilómetros, a andaina terá unha duración de tres horas e media. Durante ese tempo, as persoas poderán contemplar galerías romanas e o castro dos Penedos dos Mouros. Tamén descubrirán recunchos como a fonte de Meixoriño.

Punto de encontro

O punto de encontro será na Casa Cultural de Soutolobre, ás 16:15 h. Para participar, é necesario realizar unha reserva, xa que as prazas son limitadas. As reservas pódense facer facilmente a través dos números de WhatsApp 657 72 95 75 ou 697 77 38 09.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS