O actor e presentador Sergio Pazos, coñecido polo seu papel na serie mítica da TVG Pratos combinados, lerá o pregón o sábado 23 de abril ás 13:00 horas no balcón do Concello.
O Concello de Arbo conta este ano co humorista, actor e presentador Sergio Pazos para “pregoar as excelencias da vila e da festa da lamprea nesta 62º edición”, explica a administración local. A lectura do pregón será o sábado día 23 de abril ás 13:00 horas no balcón da casa consistorial do municipio.
Pazos é coñecido en Galicia, principalmente, polo seu papel de “Paspallás” na serie mítica Pratos combinados , pero tamén é coñecido por ser un dos reporteiros do programa nacional Caiga quien caiga , entre outros traballos.
Escoita a entrevista completa con Sergio Pazos aquí:

