Domingo, Marzo 15, 2026
HomeComarcasParadantaCovelo urxe ao Ministerio de Transporte a conexión coa A-52 dirección Madrid

Covelo urxe ao Ministerio de Transporte a conexión coa A-52 dirección Madrid

O grupo parlamentario do PP trasladará a petición conxunta dos alcaldes de Covelo, A Cañiza, As Neves, Mondariz e Mondariz Balneario para “a inmediata redacción do proxecto”, segundo a adminsitración local.

O alcalde de Covelo, Pablo Castillo, a través do seu grupo parlamentario no Congreso, traslada ao Minsiterio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana a inmediata redacción do proxecto que posibilite a conexión coa A-52 en Lentille na saída 282.

Logo da reunión mantida entre o alcalde, a vicepresidenta segunda do Congreso dos Deputados, Ana Pastor, o senador Javier Guerra e os deputados Juan Constenla e Javier Bas, o grupo parlamentario do PP levará ao Congreso unha proposta non de lei que dea resposta a esta histórica demanda dos concellos da Cañiza, das Neves, Covelo, Mondariz e Mondariz Balneario.

Os alcaldes dos cinco concellos explican que a conexión coa autovía A-52 é imprescindible para o desenvolvemento económico da zona e acurtarían o tempo de conexión coa capital do Estado e co AVE, circunstancias relevantes para o fomento do sector comercial, empresarial e turismo.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS