Xoves, Febreiro 5, 2026
HomeNewsO PaísVivenda cre que limitar o prezo do alugueiro será contraproducente

Vivenda cre que limitar o prezo do alugueiro será contraproducente

A penas terá efectividade e é oportunista, segundo a conselleira de Vivenda, Ánxeles Vázquez, a limitación aprobada polo Goberno de subir os alugueiros un máximo do 2% nos próximos tres meses de abril, maio e xuño. 

“Non vai ter efectividade porque está moi limitada no tempo; é oportunista e ineficaz porque é lineal, non fai unha valoración da situación que atravesa o propietario e o inquilino, e ademais é totalmente discriminatoria. Que ocorre cos alugueiros anteriores e posteriores?”.

A xuízo da conselleira de Vivenda esta medida chega tarde. Ao seu xuízo, será contraproducente e xerará inseguridade xurídica entre os propietarios.

“Os efectos serán contraproducentes porque o que facemos é cargar a responsabilidade sobre o propietario do inmoble; vaise desvirtuar o mercado da vivenda creando inseguridade xurídica e provocará un descenso da oferta de alugueiro”.

A conselleira da Vivenda afirma que descoñecen a letra pequena do plan, di que souberon del pola prensa.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS