sábado, abril 20, 2024
InicioNewsO PaísAs lonxas e a flota de Galicia recuperan a normalidade

As lonxas e a flota de Galicia recuperan a normalidade

A frota e as principais lonxas galegas volven á normalidade confiadas en que a reunión co ministro de Pesca, Luis Planas, esta tarde en Madrid, lles traia as solucións que piden para atallar os prezos do combustible.

O presidente da Federación Nacional de Confrarías de Pescadores e patrón maior de Burela, Basilio Otero, afirma que «agora xa está case todo o mundo faenando».

Desde o xoves da pasada semana, «parte da frota retomou a súa actividade e desde onte (polo luns) incorporáronse máis barcos». «Estaba parada Rías Baixas e Costa da Morte, pero en Rías Baixas decidiron volver á actividade esperando á reunión da tarde co ministro», indicou.

O sector acordou o sábado as súas peticións ao Goberno e confía en que sexan pechadas hoxe co ministro: «pagar 35 céntimos por litro de combustible e exención da Seguridade Social até o mes de xullo». Otero considerou «suficientes» esas dúas medidas para volver faenar, tendo en conta que con elas aprobadas xa «non se sairía á mar a pescar «a perdas».

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES