Xoves, Febreiro 5, 2026
HomeNewsO PaísAs lonxas e a flota de Galicia recuperan a normalidade

As lonxas e a flota de Galicia recuperan a normalidade

A frota e as principais lonxas galegas volven á normalidade confiadas en que a reunión co ministro de Pesca, Luis Planas, esta tarde en Madrid, lles traia as solucións que piden para atallar os prezos do combustible.

O presidente da Federación Nacional de Confrarías de Pescadores e patrón maior de Burela, Basilio Otero, afirma que “agora xa está case todo o mundo faenando”.

Desde o xoves da pasada semana, “parte da frota retomou a súa actividade e desde onte (polo luns) incorporáronse máis barcos”. “Estaba parada Rías Baixas e Costa da Morte, pero en Rías Baixas decidiron volver á actividade esperando á reunión da tarde co ministro”, indicou.

O sector acordou o sábado as súas peticións ao Goberno e confía en que sexan pechadas hoxe co ministro: “pagar 35 céntimos por litro de combustible e exención da Seguridade Social até o mes de xullo”. Otero considerou “suficientes” esas dúas medidas para volver faenar, tendo en conta que con elas aprobadas xa “non se sairía á mar a pescar “a perdas”.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS