lunes, diciembre 8, 2025
No menu items!
No menu items!
InicioNewsComarcasLuz verde ao protocolo da Cañiza con Zona Franca para crear o...

Luz verde ao protocolo da Cañiza con Zona Franca para crear o parque empresarial do Vieiro

Na Sesión extraordinaria que se celebrará este xoves, o Pleno aprobará o Protocolo de colaboración entre o Consorcio da Zona Franca de Vigo e o Concello da Cañiza para establecer as bases sobre as que asentar a colaboración das dúas institucións para a implantación e o desenvolvemento do parque empresarial do Vieiro nunha superficie aproximada de 955.311 m2.

Para levar a cabo esta actuación, o Consorcio da Zona Franca promoverá ante a Xunta de Galicia a tramitación dun Proxecto de Interese Autonómico (PIA), solicitando que este proxecto sexa declarado de interese autonómico. Pola súa parte, o Concello aportará ao órgano competente da Xunta de Galicia toda a documentación necesaria para acadar esta declaración.

Frear a despoboación

«Este proxecto nace da necesidade e aspiración do Goberno da Cañiza de obter e crear solo industrial mediante o desenvolvemento urbanístico para permitir que as empresas poidan asentarse axeitadamente, crear riqueza, postos de traballo e asociado a todo isto, fixar poboación na nosa zona», segundo explican desde a administración local.

A este respecto o alcalde, Luis Piña, sinalou esta mañá que “a necesidade de solo industrial é un dos freos ao crecemento económico”.

Neste eido leva traballando o Consorcio da Zona Franca dende o ano 1990, promocionando solo e infraestruturas empresariais co fin de favorecer o desenvolvemenro do tecido empresarial, «non soamente en Vigo, senón tamén na súa área de influencia«.

Incremento da demanda

O Concello da Cañiza explicou que «nos últimos tempos detectouse un incremento da demanda de solo empresarial no sur de Pontevedra». A carencia de solo dispoñible nesta área provocou á fuga de moitas empresas cara outras localizacións. A ubicación do Concello da Cañiza, preto de Portugal e equidistante de Vigo e Ourense, atravesado pola autovía das Rías Baixas, converte ao noso municipio nun enclave privilexiado para un posible parque empresarial e, neste sentido, o concello entende que dispón dunha posible localización excelente ó pe da devandita autovía, e cunha orografía relativamente plana se ben, a súa clasificación é, na maior parte do mesmo, urbanizable (non delimitado), seguido de rústico (de protección forestal e unha franxa, á carón da autovía das Rías Baixas, de protección de infraestruturas).

Segundo indicou o alcalde, o socialista Luis Piña, “somos conscientes da importancia e interese socioeconómico que a implantación dun ámbito de desenvolvemento industrial supoñería para o territorio e tamén somos conscientes de que esta implantación  superaría as posibilidades orzamentarias e de xestión do propio Concello”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS