O presidente da Xunta dixo si. É candidato a liderar o PP no Congreso do 1 e 2 de abril. Dá o paso, dixo, porque se sinte “preparado” e porque España se atopa nunha situación “límite”. O seu obxectivo é lograr un PP “unido e solvente” e gañarlle a Sánchez.
Alberto Núñez Feijóo:
O presidente do PPdeG oficializou a súa candidatura para liderar o PP porque se sente “preparado” e porque considera que pode, “xunto a un partido unido”, lograr o obxectivo que ten, que é o de conseguir gobernar en España. Feijóo engadiu que “non vén a insultar a Sánchez, vén a gañarlle a Sánchez”.
Aspira a conseguir un partido “unido” que sexa “sólido, solvente e claro”.
Na súa intervención en Santiago, Feijóo explicou ante a directiva do PPdeG porque non se presentara en 2018 e agora si: “En 2018 fallar a Galicia sería fallarme a min mesmo, pero hoxe sinto que fallar ao PP sería fallar a Galicia e ao resto de España”.

