viernes, abril 19, 2024
InicioNewsO PaísFeijóo opta a liderar o PP e a gañarlle a Pedro Sánchez

Feijóo opta a liderar o PP e a gañarlle a Pedro Sánchez

O presidente da Xunta dixo si. É candidato a liderar o PP no Congreso do 1 e 2 de abril. Dá o paso, dixo, porque se sinte «preparado» e porque España se atopa nunha situación «límite». O seu obxectivo é lograr un PP «unido e solvente» e gañarlle a Sánchez.

Alberto Núñez Feijóo:

O presidente do PPdeG oficializou a súa candidatura para liderar o PP porque se sente «preparado» e porque considera que pode, «xunto a un partido unido», lograr o obxectivo que ten, que é o de conseguir gobernar en España. Feijóo engadiu que «non vén a insultar a Sánchez, vén a gañarlle a Sánchez».

Aspira a conseguir un partido «unido» que sexa «sólido, solvente e claro». 

Na súa intervención en Santiago, Feijóo explicou ante a directiva do PPdeG porque non se presentara en 2018 e agora si:  «En 2018 fallar a Galicia sería fallarme a min mesmo, pero hoxe sinto que fallar ao PP sería fallar a Galicia e ao resto de España».

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES