Domingo, Febreiro 22, 2026
HomeNewsO PaísFeijóo se presenta a liderar o PP pero non se irá "nun...

Feijóo se presenta a liderar o PP pero non se irá “nun mes”

Tiña pensado anuncialo este mércores pola tarde, pero coas súas declaracións esta mañá xa deixou entrever a súa decisión. Será candidato no XX Congreso do PP para aspirar a liderar o seu partido a nivel nacional pero non deixará de ser presidente de Galicia de inmediato, non en polo menos un mes.

 Alberto Núñez Feijóo:

O presidente galego recoñeceu que a decisión que tomou foi “precipitada pero meditada” sobre liderar o PP.

Levaba anos pensando nesta posibilidade pero foi precipitada polos recentes acontecementos no seo do seu partido.

Con todo a súa marcha non será inmedita, non “nun mes”.

Feijóo considera compatible ser presidente de Galicia e dun partido político.

As súas declaracións de confirmación, case involuntaria, rexistráronse nun coloquio no Museo Santiago Rey Fernández-Latorre.

A reunión coa Xunta Directiva do PPdeG teráa esta tarde ás 17.30 horas e posteriormente comparecerá para anunciar unha decisión que supón “unha combinación de meditación e precipitación, aínda que pareza contraditorio”.

“É unha decisión que nunca pensei que ía ter que tomar”, dixo o presidente da Xunta, que xustificou que os acontecementos das dúas últimas semanas obrigárono a tomar unha decisión que “nin foi buscada nin ambicionada”.

A intención de Feijóo este mes e o vindeiro é  “proseguir coa planificación” de goberno.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS