Domingo, Febreiro 1, 2026
HomeNewsAlertan da escasa colleita de faba en Galicia

Alertan da escasa colleita de faba en Galicia

O Sindicato Labrego Galega alerta sobre a escasa colleita de faba en Galicia. Nun comunicado, indican que “comezamos decembro con malas novas para as produtoras e os produtores de faba, xa que van rematar o ano con perdas de máis do 80% da colleita“. E é que, segundo explican, o problema que detectan son as enfermidades do cultivo “polas chuvias constantes todo o verán”.

Neste contexto, a secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas, Isabel Vilalba Seivane, apunta que “na zona da Mariña, non houbo 3 días seguidos sen que non chovera” polo que “a humidade e a calor axuda a que proliferen moitas enfermidades, isto fai que os fundos afecten nun cultivo como a faba”.

Desde o Sindicato, alertan que existe unha “situación xeneralizada onde a maioría da productores e dos produtores de faba teñen menos do 20% da colleita que terían outros anos, é dicir, que se perdeu máis do 80% da colleita”. Así, solicitan unha xuntanza coa Consellería de Medio Rural para demandar un plan de apoio ás persoas produtors de faba con axudas específicas. Reclaman, tamén, “un proxecto de investigación para axudar a combater as enfermidades do seu cultivo”.

Vilalba sinala que “aínda que se chaman fabas da Lourenzá trátase dunha produción que engloba o territorio da Mariña, de feito estímase que se produce na Galiza o 30% de toda a leguminosa que hai no estado español, e a maioría incluso está na Mariña”. A zona de produción, almacenamento e envasado da faba abarca o territorio da Mariña Luguesa -A Mariña Occidental, A Mariña Central e A Mariña Oriental-, que engloba os concellos de Alfoz, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove. No mercado de Lourenzá véndense arredor de 600.000 kg anuais de faba.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS