Martes, Febreiro 3, 2026
HomeNewsComarcasO PP prepara unha xornada de confraternidade en Pontereas

O PP prepara unha xornada de confraternidade en Pontereas

O Partido Popular de Ponteareas celebrará unha comida de nadal o próximo domingo 15 de decembro no restaurante El Otro Mundo del Tea. O xantar terá lugar ás 14:00h.

Dende o partido aseguran que a festividade será “unha xornada de confraternidade de todos os amigos, amigas e simpatizantes, para desfrutar dun encontro entrañable nestas datas de Nadal”, do mesmo xeito aseguran que tamén é unha “maneira de festexar o primeiro ano de goberno local do partido“.

O menú ten un coste de 30 euros por persoa e inclúe:

  • Entremeses variados
  • Lagostinos cocidos
  • Lagostinos á prancha
  • Rodaballo con ensalada
  • Tenreira con guarnición
  • Postres de Nadal
  • Viños
  • Café e licores

Dende a dirección recordan que “a xornada está tamén aberta a simpatizantes e colaboradores” e aseguran que “se espera a asistencia de personalidades e cargos do partido”.

É preciso reservar o número de prazas necesarias no teléfono 608 51 65 25.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS