Martes, Febreiro 3, 2026
HomeO PaísA CoruñaA Xunta anuncia que a OPE da Administración Xeral para 2024 contará...

A Xunta anuncia que a OPE da Administración Xeral para 2024 contará con case 600 prazas

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, ven de anunciar que a Xunta aprobará a oferta pública de emprego da Administración xeral para 2024, con 593 novas prazas de acceso libre antes de finais deste ano 2024.

Así o informou durante a intervención no pleno do Parlamento que tivo lugar este luns e que acolleu o debate da totalidade do proxecto de lei de orzamentos e a norma que o acompaña, relativa a medidas fiscais e administrativas.

Do mesmo xeito, o conselleiro asegurou durante a súa intervenión que a Xunta “deberá acometer nos vindeiros anos o reto dunha importante substitución xeracional” así como que se compromete a “aprobación, no próximo ano, dun plan estratéxico de recursos humanos para a vindeira década”.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS