Martes, Febreiro 10, 2026
HomeNewsComarcasO Porriño envía un equipo de axentes da Policía Local para colaborar...

O Porriño envía un equipo de axentes da Policía Local para colaborar nos labores de rescate en Valencia

O Concello do Porriño ofrece axuda “inmediata”, segundo fai saber a administración local nun comunicado, á Generalitt Valenciana para “afrontar a emerxencia provocada pola DANA“.

Deste xeito, a administración local que lidera o alcalde Alejandro Lorenzo, atendendo ao chamamento que a Generalitat Valenciana realizou a través da Federación Española de Municipios e Provincias, puxo á súa disposición un equipo de apoio para colaborar nos labores de emerxencia e rescate no territorio valenciano.

Esta axuda inclúe recursos materiais e humanos “para reforzar a capacidade de resposta fronte a unha situaición tan crítica”, segundo indica o Concello.

Deste xeito, o Concello do Porriño respondeu á chamada da Federación Española de Municipios e Provincias coa disposición dun equipo especializado de axentes da Policía Local, que “inclúe unha unidade de dron para labores de búsqueda, rescate e control de zonas afectadas”. Pola súa banda, os axentes do Porriño viaxarán en vehículo oficial “completamente rotulado, equipado e listo para atender calquera necesidade urxente que se determine nas próximas horas”.

Ademais, o Cocello do Porriño puxo a o dispor da Generalitat “un conxunto de bombas de achique autónomas, que funcionan con gasolina, para axudar a xestionar inundacións e situacións de risco nas zonas afectadas. Así mesmo, mobilizarase unha autocaravana que funcionará como posto de mando avanzado, permitindo establecer un punto centralizado de coordinación sobre o terreo.

De maneira complementaria, lanzouse unha campaña solidaria para recoller alimentos non perecedoiros e artigos de hixiene persoal, en función das necesidades de emerxencia expresadas pola Generalitat Valenciana. A cidadanía poderá achegar a súa axuda no punto de recollida que se habilitará este sábado 2 de novembro (de 10 a 22:30 h) no Pavillón Municipal , e coordinarase coa FVMP o envío destes subministros para a súa distribución entre os afectados

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS