O grupo municipal do Partido Popular na cidade de Vigo exixe ao goberno liderado polo socialista Abel Caballero que “corrixa o chapuceiro sistema de acceso á zona cero do Nadal, que xera decenas de queixas no 010, tanto por teléfono como a tra´ves de correo electrónico ou a través da app móvil”. Neste contexto, o voceiro do PP, Miguel Martín, subliña a importancia de anticiparse a todas as situacións, “algo que non se fixo”.
Así, os populares da cidade olívica critican que “o rexedor socialista só se escoita a el mesmo” e que ” o mal chamado Comité do Nadal non sexa capaz de tomar boas decisións nin planificando con antelación”.
Esta postura do PP chega logo de que a asociación de Veciños de Zona Centro de Vigo denunciara ao Concello na Axencia Española de Protección de Datos, alegando que a adminsitración local lles obriga a contar cun documento no que aparecen os datos persoais “á vista de todo o mundo”.

