Luns, Febreiro 9, 2026
HomeNewsActualidadeNace unha nova asociación en Ponteareas, O Faiado, co obxectivo de ofrecer...

Nace unha nova asociación en Ponteareas, O Faiado, co obxectivo de ofrecer unha “programación cultural diversa”

Nace en Ponteareas ‘O Faiado’, unha nova asociación cultural creada por xente nova ante, según aseguran dende a propia organización “a escaseza de programación cultural diversa para todo o mundo e durante todo o ano”.

O obxectivo principal da asociación é elaborar unha axenda cultural que abarque o ano enteiro, para xente de Ponteareas, e que ‘explote’ as capacidades e proxectos de xente da propia vila.

As actividades, en xeral, serán de balde, e pretenden promover diferentes accións como: rutas, charlas, teatro, música, etc.

A primeira actividade deu paso esta fin de semana, cunha ruta de 7km pola parroquia de Angoares, que califican de “todo un éxito” debido á acollida que tivo e á cantidade de xente que acudiu.

Dende a asociación adiántanos que a próxima actividade realizarase o 9 de novembro, e consistirá nun magosto que estará acompañado por xogos tradicionais, música, contacontos… “un evento para todas as idades”, aseguran.

Para coñecer as súas actividades, podedes seguilos nas súas redes sociais – @ofaiadocultural -. Escoitamos a continuación a Mateo Soto, voceiro da Asociación Cultural O Faiado.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS