A autocita para que a mocidade de 12 a 19 anos se vacine contra a COVID-19 non está a ter o éxito agardado (usárona 10.000 dos 25.000 posibles). Consecuentemente, o estudantado de Secundaria non comezará, de maneira xeralizada, o curso coa pauta completa como aspiraba o Sergas.
Sanidade fai un chamamento para que os mozos de 12 a 19 anos fagan uso do sistema de autocitas aberto dende a fin de semana. Dos 25.000 ocos dispoñibles só fixeron uso de 10.000. Os maiores de 20 anos terán unha nova oportunidade a partir de 3 de setembro.
Dosis de terceira
En canto a unha posible terciera dose, de autorizarse, iría para pacientes oncolóxicos ou transplantadas.
A OMS amosa a súa preocupación polo aumento de contaxios de coronavirus. Máis da metade dos estados de la zona europea de OMS rexistraron unha suba da incidencia a 14 días e nalgúns incrementaron tamén os ingresos hospitalarios e os falecementos este luns.
A OMS atribúe esta suba á variante delta, máis contaxiosa, á relaxación das restricións e ás viaxes. Preocupa tamén o baixo índice de vacinación entre os grupos proritarios nalgúns países.