Martes, Febreiro 3, 2026
HomeComarcasÁrea de VigoAberto o prazo para solicitar as bolsas comedor do Concello de Vigo

Aberto o prazo para solicitar as bolsas comedor do Concello de Vigo

O período para pedir esta axuda económica para o alumnado da cidade abrirase mañá e poderase solicitar ata o 12 de setembro

O goberno de Vigo abre este mércores, día 14 de agosto, o prazo para pedir as bolsas comedor para o alumnado da cidade, que terán ata o 12 de setembro para solicitalas, co curso escolar xa iniciado. O alcalde, Abel Caballero, anunciou que poderán solicitarse a través da web municipal ou de forma presencial na sede do Concello de 09:00 a 14:00 horas.

O rexedor local volveu a criticar á Xunta, indicando que noutras comunidades son os gobernos autonómicos os que conceden estas axudas. Así mesmo, declarou que “non hai listas de espera”, xa que todos os nenos que a soliciten e cumpran cos requisitos, recibirán a bolsa. As solicitudes valóranse segundo a renda per cápita da unidade familiar, priorizando aquelas con menor renda. En caso de igualdade de ingresos, darase prioridade ás familias con maior número de membros.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS