Chegou o día no que as rúas do Porriño enchéronse de ciencia. Esta mañá arracou ACIENCIACERTA, a I Mostra de ciencias na rúa/openscience, organizada polo Concello do Porriño co patrocinio de Zendal. O fixo cunha apertura de luxo, recibindo a Concha Monje aos pés do Concello para conversar un ratiño coa mocidade do Porriño.
Concha Monje é catedrática na Universidade Carlos III de Madrid e investigadora en Robótica Branda. Tal e como explicou aos nenos e nenas, a robótica branda é un campo de máxima actualidade con retos moi interesantes que afrontar, que permitirá que, no futuro, contemos con robots moito máis adaptables e seguros na interación cos humanos e a contorna. A sinerxia que se creou entre Monje e a rapazada acredita o enorme interese dos pequenos/as por aprender, polo coñecemento e pola ciencia.
Concha contoulles a súa historia e a súa carreira como muller científica de primeiro nivel e tamén respondeu ás súas curiosidades sobre a ciencia e ás máis persoais. Neste sentido quixo deixar claro que “os robots non pretenden substituir aos humanos, están pensados para axudarnos” e incidiu na necesidade manter o contacto humano nun mundo no que a tecnoloxía e a intelixencia artificial se impoñen. “Non podedes esquecervos de mirarvos aos ollos e non só as pantallas. Tedes que ter a capacidade de parar, apagar o móbil, a consola ou o ordenador e mirar a quen tedes ao lado. Porque son as relacións humanas as que quedan ahí, as que vos permitirán descubrir moitas cousas e o que máis vos reconfortará na vida”, explicoulles, “porque de iso vai a ciencia, de construír un mundo mellor. Ten o poder un poder transformador, o de cambiar o mundo”.
O coloquio contou tamén coa visita da madriña da mostra, a porriñesa Verónica Salgueiriño, e concluíu cunha enorme ovación dos rapaces e rapazas que disfrutaron cada minuto de conversa.

