Martes, Febreiro 24, 2026
HomeNewsO PaísGalicia pídelle ao Goberno negociar a transferencia dos medios para a xestión...

Galicia pídelle ao Goberno negociar a transferencia dos medios para a xestión do seu litoral

O Consello da Xunta aprobou solicitar ao Goberno central iniciar a negociación para o traspaso de medios materiais a Galicia para poder facer efectivas as competencias recollidas na lei do Litoral.

En primeiro lugar solicitará a convocatoria da Comisión Mixta de Transferencias para iniciar a negociación co Goberno central da transferencia de medios materiais e humanos que permitan que a Administración galega poida asumir as competencias recollidas pola Lei do litoral que recentemente foi referendada polo Tribunal Constitucional.

“Comezaría unha negociación que debería cristalizar, e esperemos que non haxa problema ao respecto, porque a sentenza do Constitucional é clara, e simplemente é agora unha cuestión de vontade política”, explicou o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, tras o Consello da Xunta deste luns.

“Despois do acordo debería finalizar coa elaboración dun real decreto por parte do Goberno central que faga efectivo este traspaso”, explicou Rueda.

O presidente da Xunta tamén destacou que Galicia está a recibir “moitas peticións de información doutras comunidades autónomas para facer unha normativa similar” e poder exercer as súas competencias na xestión do litoral.

ALFONSO RUEDA:

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS