Teatro Municipal de Tui acolle este sábado, 10 de outubro, ás 20:00 horas o concerto inaugural do curso académico 2026/27, nun acto organizado polo Concello de Tui.
Esta cita musical correrá a cargo da Big Band do Conservatorio de Música de Tui. Trátase dunha formación integrada por 20 xoves intérpretes e que está dirixida por Jacobo González.
Tui celebrará así, con música, o inicio dun novo curso lectivo en todos os centros educativos do municipio tal e como sinala a concelleira de Cultura, Ensino e Mocidade, Sonsoles Vicente.
Este evento será a estrea oficial da Big Band do CMUS de Tui, como formación de referencia en música moderna na contorna. Interpretarán In the mood de Glenn Miller; Bienvenidos de Miguel Rios; I love you baby de Surf Mesa; Pupurri de Michael Jackson; Hallelujaeh I love her so de Ray Charles; Eye of the tiger de Survivor; Locked out of heaven de Bruno Mars; A quien le importa de Alaska; Don’t stop me now de Queen; e The final countdown de Europe.
A entrada para o concerto será libre até completar o aforo do Teatro Municipal.

