HomeNewsActualidadeA Xustiza avala ao Concello de Vigo na retirada dun plus irregular...

A Xustiza avala ao Concello de Vigo na retirada dun plus irregular de 350 euros ao mes cobrado por un funcionario durante catro anos

Un enxeñeiro municipal reclamou nos tribunais manter o complemento de Urbanismo e cobrar tamén o diñeiro durante as baixas e vacacións, pero a sentenza dálle a razón ao consistorio

Un funcionario do Concello de Vigo percibiu durante case catro anos un complemento de produtividade de 354,70 euros mensuais a pesar de que este xa caducara. O plus, vinculado á Xerencia de Urbanismo, fora autorizado inicialmente de maneira temporal entre o 1 de xaneiro e o 25 de setembro de 2021. Con todo, o abono prolongouse de forma continuada ata xuño de 2025, unha anomalía que o propio consistorio municipal acabou recoñecendo como unha irregularidade durante a vía xudicial.

O litixio orixinouse cando a administración local retirou o pago do complemento da nómina do traballador, un enxeñeiro técnico de Obras Públicas. Ante esta situación, o empregado presentou unha reclamación previa en novembro de 2025 e, trala súa desestimación por silencio administrativo, levou o caso aos tribunais. O seu obxectivo era que se lle continuasen aboando os preto de 350 euros mensuais, reclamando ademais os importes deixados de percibir desde o mes de xullo e solicitando que este plus se lle estendese tamén aos períodos de vacacións e de incapacidade temporal rexistrados durante os anos en que o estivo cobrando.

O afectado argumentou perante a maxistratura que mantivera a mesma carga de traballo e desempeñado idénticas funcións, polo que sostiña que o Concello non podía suprimilo de xeito unilateral sen unha resolución que modificase formalmente as súas condicións laborais. Pola súa banda, a asesoría xurídica do consistorio opúxose frontalmente e admitiu que manter o pagamento despois de setembro de 2021 respondeu a un erro administrativo irregular, lembrando ademais que este tipo de conceptos retribuyen un rendemento extraordinario e carecen de carácter fixo.

A sentenza xudicial resolve o conflicto dándolle a plena razón ao Concello de Vigo. O fallo argumenta que percibir un complemento de carácter temporal durante un período prolongado non xera ningún dereito adquirido nin obriga a mantelo no futuro. Do mesmo xeito, a resolución aclara que o feito de que a administración local non reclamase ata o momento a devolución do diñeiro abonado de maneira indebida non invalida a posibilidade de esixir o reintegro das cantidades percibidas fóra de prazo.

Fontes: La Voz de Galicia.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS