HomeNewsActualidadeA vila do Louro estrea a Tarxeta Activa Comercio O Porriño, unha...

A vila do Louro estrea a Tarxeta Activa Comercio O Porriño, unha nova campaña do comercio local

A Asociación de Comerciantes e Industriais do Porriño (ACIPOR), pon en marcha unha innovadora campaña de descontos coa que os clientes podrán aforrar ata 10 euros por casa 40 euros de compra, o que supón un desconto efectivo do 25%. 

A campaña consiste nunha tarxeta con validez en todos os establecemetnos asociados a ACIPOR, que ten un custe de 30 euros para o cliente, pero un saldo de 40 euros.

Esta nova campaña, que se activa o día 5 de agosto e se prolongará ata o 30 de setembro, foi presentada no concello do Porriño por Juana Pérez, Presidenta de Acipor e a Directiva da asociación xunto ao alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo xunto ao director xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, Gabriel Alén Castro, o Presidente da Federación de Comercio de Pontevedra, Iván Iglesias, e a Concelleira de Comercio do Municipio, Rosa Isabel Alonso.

Condicións de uso para o cliente

O saldo total de 40€ divídese en dúas partes de 20€ cada unha, sendo esta a compra mínima permitida. O cliente poderá optar por gastar os 40€ nun único comercio ou repartir o saldo (20€ e 20€) en dous establecementos diferentes asociados a ACIPOR, dos que figuran no listado accesible ao escanear o código QR que aparece no cartel.

Nunha primeira fase, as tarxetas estarán a venda nos establecementos Peluquería Rocío Lemos, Mapa Porriño, Zafiro Moda, Rayuela Moda Infantil e Puericultura, e Lola Moda.  

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS