HomeO PaísA CoruñaRepsol recibe unha axuda pública de ata 133 millóns para a súa...

Repsol recibe unha axuda pública de ata 133 millóns para a súa gran planta de hidróxeno verde na Coruña

A adxudicación do IDAE permitirá á compañía substituír o hidróxeno gris que emprega no refino de petróleo e impulsar o proxecto Atlas Electrolyser Plant

A refinería de Repsol na Coruña deu un paso decisivo coa adxudicación dunha axuda pública de ata 133,3 millóns de euros por parte do Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (IDAE). Tal e como informou a compañía, os fondos destinaránse á futura planta de produción cun electrolizador de 50 megavatios de potencia, un prox denominado Atlas Electrolyser Plant que ten como obxectivo principal jubilar o hidróxeno gris de combustibles fósiles que actualmente consume a planta para os seus procesos de refinado e actividades internas.

A inyección económica procede da convocatoria de concesión directa para proxectos españois seleccionados pola Axencia Executiva Europea de Clima, Infraestruturas e Medio Ambiente (Cinea) no marco do mecanismo do Banco Europeo do Hidrógeno. A resolución contempla un apoio de 2,2 euros por cada quilo para unha produción total susceptible de axuda de 60.634 toneladas nun prazo de dez anos.

Prazos e o contexto do sector

Tras a publicación da adxudicación definitiva, a entidade Repsol Renewable and Circular Solutions dispón dun período de 24 meses para acadar a autorización ambiental integrada da planta. O calendario marca un prazo máximo de 30 meses para adoptar a decisión final de investimento e un total de 60 meses para que a factoría entre en funcionamento.

Estas axudas chegan despois de que Repsol resultase beneficiaria tras a renuncia previa doutras propostas presentadas por Iberdrola, nun momento no que o sector do hidróxeno verde en Galicia avanza nunha fase de consolidación e criba na que se reduciu significativamente o número de iniciativas en tramitación activa.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS