HomeNewsActualidadeO Sergas incorporará podólogos aos centros de saúde para tratar o pé...

O Sergas incorporará podólogos aos centros de saúde para tratar o pé diabético e evitar ingresos

A Xunta avala as conclusións do plan de recursos humanos ata 2030, que tamén prevé aumentar o persoal de enfermería, matronas, traballo social e psicoloxía clínica na atención primaria

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) incorporará profesionais da podoloxía aos equipos de atención primaria nos centros que rexistren unha elevada poboación asignada, gran actividade asistencial e capacidade organizativa suficiente. Tal e como informou o Goberno galego tras analizar as conclusións do grupo de planificación asistencial para o período 2027-2030, a medida ten como obxectivo principal abordar o pé diabético derivados dende medicina e enfermaría, buscando reducir ingresos hospitalarios, baixar o número de amputacións e previr úlceras ou alteracións biomecánicas.

Esta incorporación forma parte dunha estratexia de reforzo da atención primaria que se despregará de forma progresiva ata 2030, dándolle continuidade á recente chegada de dietistas nutricionistas en 2025. O plan contempla ampliar o cadro de persoal sanitario para acadar unha ratio dunha praza de enfermaría por cada posto de medicina familiar e comunitaria.

Novas ratios para matronas, fisioterapia e saúde mental

O documento estratéxico presentado pola Xunta tamén recolle outras dotacións asistenciais de cara aos vindeiros anos. Entre elas atópase a previsión de dotar os centros de saúde con matronas suficientes para garantir unha praza por cada 6.000 mulleres, ampliando as súas funcións a todo o ciclo vital. Asimismo, cada servizo de atención primaria contará cunha praza de farmacia e outra de traballo social.

No ámbito da fisioterapia, prevese un técnico auxiliar por cada unidade e un fisioterapeuta por cada 12.000 tarxetas sanitarias, mentres que en saúde bucodental traballarase para alcanzar un odontólogo por cada 25.000 persoas e un hixienista dental por cada odontólogo. Por outra banda, o Sergas mantén o compromiso de ampliar gradualmente a rede de psicoloxía clínica ata chegar aos 50 profesionais en 2030, complementando todo iso con medidas organizativas para reducir a carga administrativa na xestión diaria.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS