HomeNewsActualidadeO Galo Vermello entrevista a Josele Santiago e Kiko Veneno no Rock...

O Galo Vermello entrevista a Josele Santiago e Kiko Veneno no Rock in Río Tea

Josele Santiago : “A única expectativa que temos é facer unha boa canción que che toque dentro”

Sábado, 11 de xullo, ás cinco da tarde; a calor presaxiaba a tormenta que obrigou a protexer todo o equipo de son. Josele Santiago entrou na unidade móbil de Si Radio e dixo: “Estou rodeado”. Así foi. Coa técnica a cargo de Gabino Porto e o equipo de O Galo Vermello ao lado, acurralamos o líder de Los Enemigos á caza dun titular. E o titular chegou: “A culpa é das cancións”. Antes, tentábamos de saber cal era a enerxía que facía posible que unha banda veterana con idas e venidas, volvan con forza a primeira liña.

Falamos con Josele dos inicios: “Galicia foi o primeiro sitio onde nos fixeron caso, o noso primeiro concerto foi en Vigo en El Manco, foi Julián Hernandez que nos trouxo”. A charla nos levou o proceso creativo das cancións onde explicou que o que buscaba nunha boa canción era que tivera a capacidade de chegar dentro, que detivera o tempo. “O momento propicio para escribir, ven  normalmente en  movemento, xa sexa en furgoneta nun paseo ou nun tren, teño falado con outros compañeiros de profesión e tamén lles pasa”.

Respecto ao futuro dixo que non había que ver moi lonxe e que precisamente a falta de expectativas facía deste momento algo moi positivo. E nesa conversa chegou o titular: “o que importa son as cancións, sen as cancións non habería nada, nin a tenda de discos, de merchand, a radio… non estaríamos aquí”.

A conversación seguiu sobre a época da movida, os próximos concertos e súa posta en escena desa mesma noite. Na súa página web xa o di claramente: “Los Enemigos son religión”, e así foi, pasando largo a media noite arrancou o seu concerto no Rock in Río Tea 2026. Un concerto, irregular no ritmo e robusto no son no que non faltaron os clásicos da banda. Fino Oyonarte, Chema “Animal” Pérez e David Krahe acompañaron de maneira maxistral a Josele que estivo algo menos “enchufado”, pero que cumpriu a “expectativa” porque as súas cancións, chegan dentro.

Kiko Veneno: “Seguir facendo novas cancións é a maneira de sentirme vivo”

Xa pasara a tormenta cando Kiko Veneno se subiu a unidade móbil de Sí Radio. O tempo apremaba porque as probas de son xa ían con retraso naquela altura. A tormenta, fixera a súa presenza e os técnicos de son e escenario tiveron que tapar todo o instrumental para evitar a auga. Kiko, saudou amablemente e mostrou a primeira sorriso cando xusto antes de empezar a entrevista démoslle un paquete de rosquillas de Ponteareas. Efecto inmediato, rosquillas e sorriso.

Kiko ven de presentar a finais de xuño unha nova canción “Helicrisum”, un tema adianto do seu próximo disco, que deu para arrancar a entrevista na que explicou debidamente: “O helicrisum é unha planta das dunas de Cadiz que cheira a curry, e que os antigos gregos a usaban para facer ungüentos. Nós a asociamos o aroma do inicio do verán.”

E coma fixemos con Josele Santiago, tamén falamos da enerxía para seguir sacando novas cancións: “gústame o meu oficio, a miña profesión, e o igual que a un arquitecto lle gusta facer casas diferentes, a min gústame moito facer cancións e intento facelas diferentes”….”para min seguir facendo cancións é a forma de seguir vivo”. Falamos con Kiko a da súa capacidade descubrir artistas novos como Verafauna, G5, Delincuentes…, a que indicou que segue a música actual, menos que cando era novo cando era moito máis explorador. Apenas dez minutos – a proba do son xa chamaba a porta -, que deron que escoitar a súa recomendación a facer boas cousas e gozar do directo.

E antes das doce da noite a banda de Kiko Veneno arrancou o seu maxistral directo. “El lobo López” foi a primeira interpretación que foi sucedida por un escollido repertorio da ampla discografía do artista onde non faltou o seu novo lanzamento “Helicrisum” e clásicos coma “Echo de menos”, “En un mercedes blanco” e a coreada “Volando voy” que chegou a cantar en galego. Arropado por unha banda de oito espléndidos músicos, o concerto de Kiko Veneno será recordado en Ponteareas porque as súas cancións fixeron parar o tempo esa noite na Feira Vella.  

As entrevistas aquí:

https://www.ivoox.com/57-o-galo-vermello-los-enemigos-audios-mp3_rf_177238780_1.htm

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS