HomeNewsActualidadeO Museo da Ciencia do Viño do Condado do Tea recupera as...

O Museo da Ciencia do Viño do Condado do Tea recupera as súas visitas de forma regular

O Museo da Ciencia do Viño do Condado do Tea, ubicado no interior do Castelo de Dona Urraca en Salvaterra de Miño, vén de retomar a súa actividade habitual neste mes de xuño cun novo horario de apertura.

Así, durante os meses de xuño, xullo e agosto, as instalacións permanecerán abertas de mércores a sábado en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 19:00 horas. A partir de setembro, o museo abrirá de xoves a domingo, no mesmo horario.

Trátase dun museo que combina a historia, a tradición e a tecnoloxía de vangarda e dende a xerencia destacan que a visita é “unha experiencia única”. A través dunha aplicación móbil, os visitantes poden gozar non só das exposicións do museo relacionadas coa tradición vitivinícola do Condado do Tea, se non tamén afondar na historia e lendas que agocha o castelo.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS