HomeNewsActualidadeA Garda Civil detén en Tui un brasileiro buscado pola Interpol por...

A Garda Civil detén en Tui un brasileiro buscado pola Interpol por homicidio doloso

A Garda Civil vén de deter en Tui a un home de 30 anos e nacionalidade braisileira, acusado de homicidio doloso. O home tiña unha orde internacional de busca e captura.

Segundo informou a Comandancia de Pontevedra, a detención tivo lugar o pasado martes. Unha patrulla chamou a atención dun home que baixaba dun vehículo e quen parecía ter unha actitude “nerviosa e esquiva” ante a chamada dos axentes.

Segundo relatou a benemérita, o home aseguraba non ter documentación identificativa con el; ao solicitar que baleirase os seus petos, atoparon documentos de identidade. Ao comprobar os datos, os axentes comprobaron que se trataba dunha persoa estranxeira e que tiña sobre él unha orde de busca e captura solicitada pola Interpol, para ser deportado por un caso de homicidio doloso.

Ao escoitar aos axentes falar desta situación, o home tratou de escapar correndo, sendo de seguido interceptado e detido. Por tales feitos, o home suma agora un delito de desobediencia e resistencia.

O home foi posto a disposición do Tribunal de Instancia número 3 de Tui e o xuíz decretou o seu ingreso en prisión.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS