HomeNewsActualidadeO Campo de Fútbol de Ribadelouro estreará céspede artificial grazas a unha...

O Campo de Fútbol de Ribadelouro estreará céspede artificial grazas a unha achega da Deputación

O deputado provincial Roberto Carrero vén de anunciar este mércores no campo de fútbol de Ribadelouro, en Tui, que a Deputación de Pontevedra aprobará este venres na Xunta de Goberno unha achega de preto de 185.000 euros para que o concello afronte a substitución do céspede artificial desta infraestrutura.

Trátase da totalidade da contía que o concello ten asignada no marco do III Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas, dotado de 8 millóns para que os municipios de menos de 50.000 habitantes da provincia poidan subvencionar proxectos de construción de novas instalacións e espazos públicos de uso deportivo, así como para a modernización, remodelación e mellora de instalacións xa existentes.

Con estes recursos, tal e como explicou o deputado provincial Roberto Carrero, “o campo de fútbol de Ribadelouro contará cun céspede artificial de nova xeración”. Os traballos inclúen desmontar, retirar e amorear o equipamento e mais o sistema de drenaxe para a súa reposición unha vez rematen as obras, ademais do corte e retirada do céspede actual, do granulado de caucho e o recheo de area, así como tarefas de reparación e regularización na actual capa de soporte aglomerado, con especial atención ás zonas das esquinas.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS