HomeNewsActualidadeUn home de 62 anos morre afogado no río Arnoia ao seu...

Un home de 62 anos morre afogado no río Arnoia ao seu paso por Allariz

A vítima, residente na localidade, foi rescatada inconsciente da presa malia os intentos dos servizos de emerxencia por reanimala

Un home de 62 anos faleceu este venres en Allariz tras ser rescatado da presa do río Arnoia, nas proximidades da rúa Acearrica. O suceso tivo lugar pasadas as 20:10 horas, momento no que se activou o operativo de emerxencia tras recibir o aviso o servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Ata o lugar desprazáronse efectivos da Guardia Civil e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Allariz. Malia os esforzos do persoal sanitario por reanimar á vítima, os profesionais non puideron facer nada por salvarlle a vida e tan só puideron certificar o seu falecemento. Segundo fontes oficiais, as causas que derivaron no afogamento están a ser investigadas. O home levaba aproximadamente un ano residindo no municipio.

Este tráxico incidente prodúcese nunha semana na que a afluencia de bañistas aos ríos da provincia de Ourense aumentou notablemente, motivada polas altas temperaturas que se están rexistrando e que, segundo as previsións, se manterán ata a próxima semana.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS