HomeConcellos +A CañizaA Caniza acolle a primeira parada das Iberdrola Skate Series 2026

A Caniza acolle a primeira parada das Iberdrola Skate Series 2026

A Caniza volverá situarse no mapa do skateboarding nacional coa celebración desta primeira proba do circuíto estatal, que reunirá durante toda a fin de semana a riders procedentes de distintos puntos de España no inicio da loita polo título nacional da tempada 2026.

A cita contará ademais cun atractivo especial para o público galego coa presenza de Luis Cabarcos, un dos principais referentes do skate en Galicia. O rider, actualmente situado no posto 93 do ranking mundial, chega á competición tras asinar unha destacada actuación no Campionato de España do pasado ano, no que conseguiu subir ao podio cunha terceira posición.

A participación de Cabarcos supón unha “oportunidade única para que os afeccionados poidan ver de preto a un dos grandes nomes do skate español con proxección internacional, reforzando tamén a conexión entre o evento e o talento galego emerxente” aseguran dende a organización.

Durante tres días, o skatepark da Caniza converterase nun punto de encontro entre a elite deste deporte e as novas promesas, consolidando o “crecemento do skateboarding na comunidade e reforzando o papel de A Caniza como sede destacada dentro do circuíto nacional”, detallan dende o goberno municipal.

Tras esta primeira parada, o circuíto trasladarase ao Circuit de Barcelona – Catalunya, onde se celebrará a gran final no mes de xullo.

A entrada será gratuíta durante toda a fin de semana, nunha aposta por achegar o skateboarding ao público e facilitar o acceso a un evento deportivo de primeiro nivel. Ademais, a competición repartirá 10.000 euros en premios nas categorías absolutas, así como premios en material para as categorías junior.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS