Mércores, Maio 6, 2026
HomeNewsActualidadeO Porriño e Asociación Érguete ofrecen unha charla sobre o consumo de...

O Porriño e Asociación Érguete ofrecen unha charla sobre o consumo de cannabis para familias

O Concello do Porriño, da man da Asociación Érguete, ofrecerá a través do programa de Prevención da Asociación Érguete unha charla co obxectivo de axudar aos menores de idade, adolescentes, a deixar de consumir cannabis.

A Asociación Érguete busca concienciar a familias e menores sobre os perigos do consumo de cannabis, “a droga ilegal máis consumida durante a asolescencia”. Ao tempo, a través do Programa ADOS, a asociación busca ofrecer aos menores que foron sancionados por consumo ilegal, unha alternativa.

Así, este programa permite substituír a multa a cambio de comezara asistir ao servizo que ofrece a Asociación Érguete para axudar aos menores a deixar de consumir. O programa será presentado este mércores, ás 12 horas no Centro Cívico do Porriño, cunha charla gratuíta enfocada a familias e profesionais.

A responsable de Prevención da Asociación Érguete, Noelia Romero, explica que con este programa pretenden “dar unha resposta socioeducativa a este problema social. Facilitamos información sobre as consecuencias derivadas do uso e abuso de drogas, modificando estereotipos sociais e culturais, e, tamén, facilitamos estratexias educativas que favorezan estilos de vida máis saudables para motivar a prevención de condutas de risco”. Ademais, insiste en que o programa xa atendeu a decenas de menores da área de Vigo e que ofrece aos adolescentes e as súas familias un lugar seguro e libre de prexuízos para tratar a problemática.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, destacou a importancia de traer esta iniciativa
ao municipio. “Dende o Concello temos o compromiso de protexer a saúde e o futuro
dos nosos mozos e mozas
. Non queremos que unha sanción sexa o final do camiño,
senón o inicio dunha solución. Grazas ao programa ADOS e á colaboración con Érguete,
cunha relación moi cercana co municipio, ofrecemos ás familias do Porriño unha ferramenta real para reconducir estas situacións dende a educación e o apoio, fuxindo do carácter puramente punitivo”.

A charla no Porriño busca dar a coñecer entre as familias do municipio un servizo
público ao que poden acceder chamando ao 986.250.240
ou escribindo un correo a
prevencion@asociacionerguete.org.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS