Venres, Abril 17, 2026
HomeNewsActualidadeOs partidos da oposición piden unha localización céntrica para o novo auditorio...

Os partidos da oposición piden unha localización céntrica para o novo auditorio en Salvaterra

Os partidos da oposición do Concello de Salvaterra de Miño,BNG e PSdeG-PSOE , veñén de mostrar o seu rexeitamento ante a ubicación proposta polo goberno local para o novo auditorio da vila.

Ambos partidos coinciden na necesidade dunha infraestrutura como o auditorio para o municipio, máis consideran que o emprazamento escollido non é o adecuado debido a non localizarse “na zona céntrica da localidade”.

Pola súa banda, o BNG de Salvaterra vén de solicitar ao Concello que teña en conta “a opinión da veciñanza e valore unha localización máis céntrica para o futuro auditorio municipal”. Ao tempo, a portavoz nacionalista, Patricia Mariño subliña que “tanto o Bloque como a maior parte da veciñanza non comparten a localización exposta polo executivo municipal”.

Na súa opinión, “un equipamento das características e funcionalidade do novo auditorio debe situarse no centro urbano para facilitar o seu uso por parte do tecido asociativo e musical do municipio”.

Pola súa banda, o portavoz municipal do PSdeG-PSOE, Félix González, asegura que “a falta dun desenvolvemento urbanístico en Salvaterra fai que o casco urbano cada vez esté máis desperdigado”.

Do mesmo xeito, o voceiro asegura que para “os socialistas a ubicación idónea sería a antiga fábrica de Tamome” xa que na actual proposta de ubicación feita polo goberno local do Partido Popular “non vai crear sinerxias co comercio local do municipio”.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS