domingo, octubre 12, 2025
InicioNewsActualidadeO teatro volve a Mondariz este sábado coa obra "De algo hai...

O teatro volve a Mondariz este sábado coa obra «De algo hai que morrer»

O vindeiro sábado 11 de outubro, o Auditorio Municipal de Mondariz acolle a representación teatral «De algo hai que morrer», da compañía galega Malasombra Producións. A sesión dará comezo ás 22 horas.

O espectáculo promete «facer rir e, por veces, chorar da risa» ao tempo que emprega o humor para reflexionar con retranca sobre o tema da morte.

A obra versa sobre «dous científicos tan brillantes como peculiares, o profesor Jeckill e o profesor Hyde, que respostan con moita sorna algunha das grandes preguntas da humanidade como: Que pasa cando morremos?, Hai túnel?, Hai luz? Hai lista de agarda? ou Que teñen en común, Carrero Blanco, John Lennon ou Paquirri?».

A entrada será de balde ata completar aforo. A función está dirixida a un público adulto, sendo a obra recomendada para maiores de 14 anos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS