domingo, agosto 10, 2025
InicioNewsActualidadeUnha nova escultura en Nigrán homenaxeará aos peregrinos do Val Miñor

Unha nova escultura en Nigrán homenaxeará aos peregrinos do Val Miñor

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, informou este venres da aprobación na Xunta de Goberno dunha achega ao Concello de Nigrán por valor de máis de 74.000 euros para a promoción do Val Miñor entre os peregrinos que realizan o Camiño Portugués da Costa cara a Santiago de Compostela.

En concreto, sinalou o vicepresidente, con estes recursos da Deputación “Nigrán financiará a subministración dunha escultura de José Molares Fernández que homenaxea a figura da peregrina”. Esta dotación estará situada no centro dunha rotonda onde conflúen tres estradas autonómicas (PO-325, PO- 550 e PO-340) e será realizada en bronce. A figura da peregrina contará cos accesorios habituais para facer o Camiño: o bastón, un traxe de augas ou unha mochila.

Ademais de promover o Val Miñor, a escultura permitirá enriquecer o carácter estético do enclave, á vez que o dota de maior valor patrimonial e cultural. O investimento realízase a través dun reinvestimento dunha anualidade anterior do plan de cooperación municipal da Deputación.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS