Mércores, Maio 6, 2026
HomeNewsDeteñen a unha persoa con chisqueiros e papel acusado de prender un...

Deteñen a unha persoa con chisqueiros e papel acusado de prender un lume en Celanova

Axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia (UPA) en Ourense esclareceron un incendio forestal rexistrado o 31 de xullo no concello de Celanova.

O incendio rexistrouse na parroquia de Amoroce e afectou unha superficie de 0,1 hectáreas de superficie rasa. O lume orixinouse de forma intencionada, con tres focos moi próximos entre si, presuntamente por unha persoa á que no momento da súa detención lle foron intervidos varios chisqueiros e papel presumiblemente destinados a prender lume.

A detención enmárcase nunha investigación levada a cabo pola UPA centrada nos incendios forestais rexistrados nesta zona, onde xa se estaba realizando un seguimento. A persoa detida levaba meses baixo vixilancia e impútaselle a autoría doutros 20 lumes ocorridos na mesma área, 13 deles no ano 2024 e 7 no 2025.

Na extinción do lume de Amoroce participaron un axente forestal, catro brigadas e dúas motobombas.

As dilixencias por estes feitos foron remitidas ao Xulgado de Instrución en funcións de garda de Celanova. No que vai de campaña, a UPA leva 14 persoas detidas ou investigadas como presuntas autoras de incendios forestais.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS