jueves, julio 31, 2025
InicioNewsComarcasO Concello do Porriño personarase na causa xudicial do crime de Atios:...

O Concello do Porriño personarase na causa xudicial do crime de Atios: «Actuaremos con contundencia»

O Concello do Porriño personarase na causa xudicial para esclarecer que foi o que ocorreu este martes 28 de xullo na parroquia de Atios, onde un septuaxenario, presuntamente, asasinaou a unha traballadora do Servizo de Axuda no Fogar. A víctima, natural de Mos e veciña do Porriño, atendía á muller do home, encamada tras sufrir un ictus. Explicouno así o alcalde da localidade da Louriña, o popular Alejandro Lorenzo, quen e avanzou que «actuaremos con contundecia».

Segundo indicou o rexedor nunha conferencia de prensa, a adminsitración local púxose en contacto coa empresa adxudicataria do servicio, Aralia, para coñecer se a traballadora informara sobre ese domicilio. Lorenzo indicou que a víctima, Teresa, trasladara a súa intención á empresa de non seguir prestando o servizo nesa vivenda, pero que ao Concello do Porriño non lle constaba esa denuncia.

Insistiu o alcalde en que «non existía constancia de ningunha denuncia previa» polo que, neste sentido, «fixo un chamamento directo para que os traballadores e traballadoras denuncien calquera situación de risco ou violencia ante os órganos competentes». Así, pediu «a calquera traballadora ou traballador, sexa cal sexa o servizo que estea prestando no Concello ou non, que se ten constancia de calquera situación de risco, que denuncie. Desde o Concello actuaremos”.

O alcalde, segundo explicou na conferencia prensa, pediu un informe á empresa sobre a situación do servizo. Á vez, indicou que a adminsitración local «personarase na causa e, a partir das resolucións xudiciais, actuaremos con contundencia«.

Polo de agora, a empresa Aralia continuará realizando o Servizo de Axuda no Fogar porque é «un servizo que hai que seguir ofrecendo».

O alcalde Alejandro Lorenzo na conferencia de prensa-ANXO GUTIÉRREZ

En vixilancia psiquiátrica

O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, indica que a previsión é que durante esta xornada se entreguen xa as dilixencias. Arestora, «o presunto asasino continúa no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo en vixilancia psiquiátrica».

Neste contexto, Losada quixo poñer o foco na «problemática dos enfermos psiquiátricos» posto que «estamos asistindo a casos onde fillos agreden a nais ou entre irmáns». Isto demostra, segundo o subdelegado, que «a longa lista de espera de psiquiatría e as carencias na atención conduce a este tipo de situacións nas que, nun determinado momento, nos atopamos cun lamentable asasinato».

De igual xeito, trasladou o pésame á familia de Teresa así como ás súas compañeiras de traballo. Apuntou que «o Servizo de Axuda no Fogar é esencial porque realizan unha labor que ten que ver coa axuda física, pero que vai moito máis alá posto que, ás veces, é a unica vinculación que teñen os usuarios» e criticou que se trata dun sistema que «ten moitos problemas e que afrontan os concellos» e que «isto repercute nas condicións laborais». Censurou a posición da Xunta de Galicia de destinar as partidas cara outras cuestións.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS