martes, junio 17, 2025
InicioNewsComarcasA socialista Victoria Alonso renuncia a súa acta de concelleira en Mos

A socialista Victoria Alonso renuncia a súa acta de concelleira en Mos

«Non estou ben anímicamente e non lle podo dedicar todo o tempo que me gustaría ao Concello». Estas son as palabras que Victoria Alonso vén de emitir nun vídeo publicado nos seus perfís de Redes Sociais no que anuncia que deixa de formar parte da corporación do Concello de Mos coa renuncia da súa acta. Alonso era a voceira do PSOE en Mos e foi a candidata nas eleccións do 2023. Neses comicios, os socialistas perderon un concelleiro.

Neste contexto, a que foi a candidata e voceira do PSdeG PSOE de Mos fixo público a súa renuncia á acta de concelleria en favor do seu compañeiro Bruno Dutto, «do que estou segura que o fará moi ben», segundo explicou a xa ex líder dos socialistas en Mos.

Asamblea do PSOE de Mos

Os socialistas explican nun comunicado que o pasado domingo 8 de xuño tivo lugar unha asamblea na que se aprobou a composición da executiva local. Nesa xuntanza, Alonso «ademais de facer un resumo da súa traxectoria como secretaria xeral ata a data, expuxo a súa situación persoal ás compañeiras e compañeiros militantes» e «mostrou a súa decisión de renunciar á acta de concelleira«.

Alonso mostrouse «apenada» por non «poder dedicarlle o tempo que o partido merece«. Dixo que «non me atopo nun bo momento persoal» e que está inmersa en proxectos laborais e persoais que non lle permiten ser a concelleira que lle gustaría ser. Do mesmo xeito, agradeceu «a confianza así como o apoio dos veciños e das veciñas durante estes anos» e mostrouse «contenta de que o compañeiro que van entrar sexa unha persoa con moita ilusión e forza».

Desde a agrupación socialista de Mos, explican que están agradecidos «pola súa implicación e traballo durante estes anos» e que trasladan que «aínda que deixe de ser concelleira, sabemos que contaremos cunha compañeira que seguirá formando parte do equipo«.

De feito, Victoria Alonso explica que «non abandona o partido, xa que paso a unha segunda liña, onde poida aportar experiencia e coñecementos».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS