A Consellería de Educación vén de anunciar unha novidade para o próximo curso académico en Galicia. Trátase da Formación Profesional acelerada, unha nova vía formativa que desde a Xunta califican como «inédita a nivel estatal» e que consiste nunha formación rápida, concentrada nun período de entre catro e seis meses de duración.
O obxectivo desta nova FP é mellorar a cualificación das persoas e abrirlles as portas ao mercado laboral en sectores que precisan profesionais para traballar. As persoas que opten por esta vía obterán, alo menos, un certificado profesional e, ademais, esa formación poderase convalidar para a obtención dun futuro título.
En total, ofértanse por primeira vez este curso un total de 18 formacións aceleradas que suman 968 prazas organizadas en 44 grupos distribuídos por distintos puntos da xeografía galega como A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontedeume, Pontevedra, Ribadeo, Ribeira, Santiago, Vigo, Vilagarcía de Arousa e Vilamarín.
En canto aos sectores, céntranse especialmente na hostalaría, a automoción, as enerxías renovables ou a carpintaría metálica, entre outros.
Escoita aquí a entrevista co conselleiro de Educación, Román Rodríguez: