domingo, mayo 25, 2025
InicioConcellos +MosMos lanza o primeiro concurso de poesía María Magdalena

Mos lanza o primeiro concurso de poesía María Magdalena

O Concello de Mos busca poñer en valor a figura de María Magdalena e lanza a primeira edición do concurso de poesía María Magdalena. O certame busca incentivar a creación poética, inspirada nas obras de poetisa mosense, na súa vida e no seu impacto na literatura e na identidade local.

Segundo explica o Concello, «pretende ser unha oportunidade para que poetas e poetisas a partir de 12 anos e de todos os estilos expresen, a través dos seus versos, a súa visión sobre María Magadela, xa sexa desde unha perspectiva biográfica, simbólica ou creativa«.

A través deste concurso, o Concello de Mos, «reafirma o compromiso coa literatura e o recoñecemento da súa tradición cultural, promovendo a poesía como ferramenta de expresión e memoria«, tal e como indican.

Categorías

Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen e que entren dentro das dúas categorías establecidas. Categoría A: Xuvenil (de 12 a 17 anos) e Categoría B: Adultos (de 18 anos en diante). Entrarán en concurso todas as creacións entregadas ata o día 16 de maio.

Entregaranse dous premios por categoría: na categoría A: Xuvenil (de 12 a 17 anos) un 1º premio: diploma acreditativo, 300,00 € en metálico e un lote de exemplares das obras escritas por María Magdalena. E un 2.º premio: un diploma acreditativo, 200,00 € en metálico e un lote de exemplares das obras escritas por María Magdalena. Así mesmo, na Categoría B: Adultos (de 18 anos en diante) un 1º premio: diploma acreditativo, 300,00 € en metálico e un lote de exemplares das obras da poeta María Magdalena. E un 2.º premio: diploma acreditativo, 200,00 € en metálico e un lote de exemplares das obras da poeta María Magdalena.

Como participar?

Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen e que entren dentro das categorías establecidas.

As obras, poderán presentarse en formato dixital (en tipografía Arial e tamaño 12) a través da dirección electrónica biblio_municipal@concellomos.es ou en formato físico na Biblioteca Municipal María Magdalena (Camiño do Porto, número 1 Porteliña, Petelos) en horario de luns a venres de 10:00 h a 21:00 h.

O xurado estará formado pola Concelleira de Cultura (presidenta do Xurado), unha persoa membro de cada partido político que compoñen a corporación municipal, dous poetas mosenses, un representante do Departamento de Literatura Galega dun centro educativo de Mos e unha persoa funcionaria do Concello de Mos que exercerá a secretaría do xurado.

En caso de presentación en formato dixital, presentarase un único arquivo dixital, constando de dúas páxinas, co seguinte formato:  O nome do ficheiro será o título do poema;  a primeira páxina conterá: Titulo do poema, o poema, pseudónimo utilizado e categoría á que corresponda; a segunda páxina conterá: o titulo do poema e o pseudónimo co que se presenta, nome e apelidos reais da persoa autora, número de D.N.I. dirección completa, número de teléfono de contacto e tamén a súa dirección de email.

En caso de presentación en formato físico, presentarase nun sobre pechado dentro do cal irán dúas páxinas co seguinte formato: O sobre levará o nome do poema escrito; a primeira páxina conterá: título do poema, o poema, pseudónimo utilizado e categoría á que corresponde.

Só poderá presentarse un poema por persoa e cunha extensión máxima de 20 versos e non poderán empregarse ferramentas de intelixencia artificial para redactar total ou parcialmente os poemas.

Os poemas non poderán ter sido publicados en ningún formato ou soporte (páxinas web, blog, etc), nin total nin parcialmente, nin estar pendente de veredicto noutros concursos, ou a espera de resposta dun proceso editorial.

Os participantes manteñen a propiedade intelectual dos poemas pero aceptan que a Concellería de Cultura do Concello de Mos poida dispoñer da obra para a súa difusión e publicación así como a corrección gramatical e léxica.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS