jueves, mayo 1, 2025
InicioNewsUn estudo científico revela a clave da lonxevidade dos centenarios en Ourense:...

Un estudo científico revela a clave da lonxevidade dos centenarios en Ourense: autoconsumo e resiliencia

Un estudo pioneiro revela as claves da lonxevidade nas persoas centenarias da provincia de Ourense. En concreto, trátase dunha investigación e análise tanto cualitativa como cuantitativa que se levou a cabo a través de entrevistas. Este proxecto estivo capitaneado por un equipo de expertos multidisciplinar e contou coa achega económica da Deputación de Ourense.

Este estudo, liderado pola asociación Ourensividade, presentouse nun acto no Centro Cultural Marcos Valcárcel ao que acudiron tamén dúas das participantes do estudo. Neste caso, Elisa Soria e Laura Fernández.

Cales son as conclusións?

Roberto Fernández, investigador principal do estudo científico, citou algunhas conclusións clave. Tras analizar 126 variables nunha mostra de centenarios da provincia, os expertos chegaron á conclusión de que o 41% dos entrevistados carecía de deterioro cognitivo ou tíñao nun estado moi leve. Ademais, só un 12% dos centenarios tiña sobrepeso.

En canto a alimentación, os expertos probaron que o autoconsumo, a través dos produtos da horta, era un factor común na maioría dos entrevistados. Outro dos resultados relevantes para os investigadores foi a gran laboriosidade, concluíndo que para o 70% das persoas era importante este aspecto, xirando a súa vida en torno ao traballo.

Por último, tamén puxeron en valor a resiliencia dos maiores, no sentido de adaptarse aos cambios e repoñerse de situacións adversas, como factor coincidente entre os lonxevos. O estudo científico, levado a cabo por profesionais de diferentes ámbitos como a medicina, a enfermería ou a farmacia foi aprobado polo Comité de Ética da Investigación de Pontevedra-Vigo-Ourense.

Durante o acto, tamén interviñeron dúas das centenarias que participaron no estudo científico financiado pola Deputación de Ourense.“Hai que seguir tendo inquedanzas, cultivándose tanto física como intelectualmente, esa é a forma de adaptarse á vida actual”, dixo Elisa Soria durante o acto.

Pola súa banda, Laura Fernández atribuíu a “familia e amigos” os segredos da felicidade.

Teleasistencia

Neste contexto, o presidente provincial, Luis Menor, felicitou ás centenarias por acadar a súa idade con calidade de vida e puxo en valor as “políticas sociais da Deputación de Ourense» e anunciou a potenciación do actual servizo de teleasistencia, «para chegar a unha inversión de dous millóns de euros en catro anos«.

Así, prevese que a teleasistencia acade unha cobertura de máis de 3.000 persoas na provincia, con melloras tecnolóxicas grazas á cooperación con Illumium, entidade do grupo Fundación Once.

Soidade non desexada

Menor tamén fixo referencia a plans contra a soidade non desexada, poñendo énfase na accesibilidade á vivenda, cunha convocatoria de axudas técnicas para crear fogares adaptados, que sairá proximamente.


مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS