Venres, Febreiro 6, 2026
HomeNewsActualidadePonteareas, único concello de Galicia en conseguir o programa Xuventude Mentoring na...

Ponteareas, único concello de Galicia en conseguir o programa Xuventude Mentoring na Empresa

O Concello de Ponteareas consegue por segundo ano consecutivo ser o único concello galego en acadar o Programa Xuventude Mentoring na Empresa. Un programa de promoción da inserción laboral que dará oportunidade a 12 mozas e mozos inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

A alcaldesa, Nava Castro, agradece á Consellería de Cultura, Xuventude e Lingua, este novo apoio que “facilitará as estadías formativas en empresas ou entidades públicas ou privadas, vinculadas a sectores económicos estratéxicos de Galicia”.

A finalidade deste programa é reforzar a empregabilidade, as habilidades e competencias profesionais das persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (SNGX), non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, contribuíndo á mellora da súa formación mediante a adquisición de experiencia profesional para a súa incorporación ao mercado de traballo.

Explica a concelleira de Emprendemento, Silvia Fdez. Táboas, que este programa “permite potenciar os programas de educación non formal nos que as persoas mozas adquiran os coñecementos e habilidades máis demandados no contexto laboral actual”. A edil adianta que a Consellería apoia ao Concello coa aportación de 100.000€.

Pola súa banda Cristian Montes, edil de Xuventude, sinala que este apoio “promove a captación e retención de talento en sectores económicos clave e supón un compromiso firme no apoio á xuventude como tamén o é o feito de conseguir o primeiro programa de emprego “Compromiso Xuvenil” no que, segundo explica Montes, “vinte mozas e mozos se forman de xeito remunerado nas modadlidade dedinamización turística e sociocultural”.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS