sábado, noviembre 8, 2025
InicioNewsComarcasO Concello da Guarda e do Rosal advirten dunha suposta estafa relacionada...

O Concello da Guarda e do Rosal advirten dunha suposta estafa relacionada coa análise de augas

O Concello da Guarda alerta sobre unha suposta estafa relacionada coa análise de auga nas vivendas. «Os presuntos defraudadoras fanse pasar por técnicos da Xunta e chaman supostamente de parte do Concello», segundo indican desde a administración local.

Desde o Concello, explican que os veciños e as veciñas, os supostos estafadaroes chaman telefonicamente e diríxense ás persoas polo seu nome, e solicitan datos persoais, como idade e horario habitual no que se está na vivenda.

Informar ao Concello

O Concello da Guarda recorda «non facilitar información persoal por vía telefónica, nin deixar entrar a persoas sen identificar correctamente nos seus domicilios» e, no caso de recibir este tipo de chamadas ou visitas, «informar ao Concello ou ás forzas de seguridade» posto que «a colaboración é clave para protexer á veciñanza e frear estas estafas».

O Rosal

Tamén na comarca do Baixo Miño, o Concello do Rosal avisa, a través das súas redes sociais, que se detectaron cassos dunha suposta estafa relacionada coa análise da auga nas vivendas. Indican, tamén, que se trata de persoas que se fan pasar por técnicos da Xunta que chaman e acuden ás casas sen identificación oficial.

Neste contexto, o Concello do Rosal lembra, do mesmo xeito que non se debe facilitar informaicón nin deixar pasar a ninguén que non se identifique correctamente e no caso de recibir unha chamada sospeitosa, recomendan avisar ao Concello e as forzas e seguridade.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS