O Concello de Ponteareas informa das novas datas do servizo de ITV móbil para vehículos agrícolas. O tenente de alcaldesa e concelleiro de Seguridade Cidadá e Tráfico, Juan Carlos González, salienta a importancia de contar con este servizo que evita desprazamentos fóra do municipio reducindo a perigosidade que iso implica tanto para a seguridade viaria como para os propios vehículos agrícolas.
O servizo móbil da unidade 10 estará no campo do Pardellas, en Ponteareas, os días 22, 24, 25, 28, 29 e 30 de abril e o 5 de maio. A cita poderase solicitar cun máximo de trinta días de antelación, non podendo reservar con maior prazo. Deste xeito as persoas que desexen solicitar cita para o 22 de abril non poderán pedila antes do 22 de marzo. O número de teléfono de contacto é o 981 928 080.
O servizo móbil da ITV para vehículos agrarios estará en horario de mañá e tarde de 09:00 horas a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas os días 22, 24, 25, 28 e 29 da abril. Os días 30 de abril e 5 de maio estará só en horario de mañá de 09:00 horas a 13:30 horas.
“Os vehículos de tipoloxía agrícola teñe que ceñirse a unhas normas de circulación básicas a fin de adecuar as súas condicións específicas de tamaño, peso e carga á realidade das estradas polas que vaian rodar e evitar así accidentes innecesarios. Tamén o resto dos condutores/as por este motivo é fundamental reducir as distancias para desprazarse”, sinala o González Carrera.